Carpintería a medida dende máis de 15 anos

Deseñamos e fabricamos mobles de alta calidade,
e colaboramos nos proxectos de interiorismo máis avanzados

Comezamos a nosa actividade no ano 2001 no polígono empresarial de Novo Milladoiro (Ames). Dende entón realizamos traballos de carpintería a medida a nivel particular e profesional en toda a xeografía galega baixo a mirada da nosa numerosa carteira de clientes que agradecen a nosa dedicación ao oficio e aos seus mobles.
 
Dámoslle absoluta prioridade á calidade do produto, traballando dende o deseño dos mobles ata a montaxe final dos mesmos, así coma na elección dos materiais e os seus elementos auxiliares e ferraxes.

Abarcamos todas as fases do proxecto, dende o asesoramento, o deseño, a fabricación, a instalación e a montaxe dos mobles ata a súa colocación final, satisfacendo así todas a necesidades dos nosos clientes.
 
En Márquez Vilela dispoñemos dun gran equipo humano que nos convirte nunha empresa competitiva en tempos e resultados de execución. Ao mesmo tempo dispoñemos dun equipo de deseñadores para facer do noso produto un produto diferenciado.

Aportamos toda a nosa experiencia e coñecemento para a búsqueda dunha solución óptima e adaptada as necesidades dos nosos clientes, proporcionando sempre diferentes técnicas constructivas.

Obras

Aportamos a última tecnoloxía, gran capacidade produtiva e todos os recursos en deseño e fabricación para ofrecer solución e acabados en madeira en todo tipo de obra, cumprindo sempre cos requisitos de calidade e prazos de entrega. Combinamos as técnicas máis innovadoras en proxectos de madeira grazas a un persoal experto e cualificado en todo tipo de obras: portas, revestimentos interiores e exteriores, falsos teitos, fachadas, solos, carpintería exterior, etc.

Ver proxectos de obras

Deseño

Somos especialistas no deseño de mobles. Utilizamos diferentes modelos para elaborar o mobiliario ideal dos nosos clientes, engadíndolle personalidade propia e dándolle características propias para ofrecer un valor engadido ao lugar. En Márquez e Vilela ofrecemos un sutil equilibrio entre innovación, resposta funcional e deseño satisfacendo así as necesidades dos nosos clientes.

Cociñas

Deseñamos e fabricamos mobles de cociña a medida con diferentes acabados e materiais. O noso equipo de carpinteiros está especializado no estudo e o deseño de cociñas de madeira, creando así a cociña ideal dos nosos clientes. Cada cociña está personalizada e adaptada aos gustos e necesidades de quen as vai a vivir, garantindo sempre a máxima calidade nos resultados.

Ver proxectos de cociñas

Mobiliario

A alma dos mobles radica nos seus detalles e orixinalidade. Cada peza de moble que fabricamos en Márquez e Vilela está creada prestando unha especial atención aos detalles, ao deseño e aos seus acabados e ferraxes. Deseñamos e fabricamos a medida todo tipo de mobiliario para o fogar ou para o ámbito empresarial: portas, armarios, estanterías, mesas, sillas, etc. Garantindo que o espazo dispoñible está sempre aproveitado, dándolle un aire de exclusividade e orixinalidade ao teu entorno.

Ver proxectos de mobiliario

Tecnoloxía aplicada á madeira
para facer realidade as túas ideas

Adaptamos os nosos procesos de produción á tecnoloxía dispoñible
para poder ofertarche as mellores prestacións.

Tecnoloxía base

Dispoñemos dun centro de traballo de control numérico con unha configuración de 4 eixes para a produción de mobles e bastidores que é unha das nosas bases para producir tanto medidas especiais como lotes estandarizados. Formas, mecanizados, letras, despece mediante nesting. Todo en diversidade de materiais: madeira, tableiros, superficies sólidas… Contamos con una canteadora que aplaca os cantos nos tableiros mediante cola PUR, xa que mellora a resistencia á humidade ao quedar o canto mellor selado, ten maior adherencia e non se despega co calor.

Software

Apoiándonos en ferramentas CAD/CAM no noso proceso de produción, ademais de aumentar a nosa produtividade podemos dar aos teus proxectos maior flexibilidade no deseño.

Tecnoloxía convencional

Seguimos aplicando as técnicas e maquinaria convencionais traballando madeira, tableiros, superficies sólidas. Sobre todo para aqueles traballos que requiren máis mimo e coidado. A capacidade e coñecementos do noso equipo humano é unha base fundamental no desenvolvemento do noso traballo.

Ferraxes e materiais

O sector da fabricación de mobiliario e elementos de carpintería desenvolve novos produtos cada ano. Buscan sobre todo o respecto polo medio ambiente, a ergonomía do usuario final, a estética e a funcionalidade. Procuramos estar ao día da man dos nosos mellores provedores nun proceso de mellora continua, investigando, probando e formándonos en todos estes campos.

Proxectos