Marquez e Vilela é unha empresa galega de carpintería a medida, dedicada ao diseño e a fabricación de mobles de alta calidade con máis de 15 anos de experiencia no sector.

 

Comezamos a nosa actividade no ano 2001 no polígono empresarial de Novo Milladorio (Ames). Dende entón realizamos traballos de carpintería a medida a nivel particular e profesional a toda a xeografía galega baixo a mirada da nosa numerosa carteira de clientes que agradecen a nosa dedicación ao oficio e aos seus mobles.

 

Dámoslle absoluta prioridade á calidade do producto, traballando dende o diseño dos mobles ata o montaxe final dos mesmos coma na elección da madeira e os seus elementos auxiliares e herraxes.

 

Abarcamos todas as fases do proxecto, dende o asesoramento, o deseño, a fabricación, a instalación e o montaxe dos mobles ata a súa colocación final, satisfacendo así todas a necesidades dos nosos clientes.

 

En Marquez e Vilela dispoñemos dun gran equipo humano que convirtenos en unha empresa competitiva en tempos e resultados de execución. Ao mesmo tempo disponemos dun equipo de deseñadores para facer do noso producto un producto diferenciador.